Aviso legal

CONDICIÓNS XERAIS DE USO

 

Este Aviso Legal regula a política de privacidade, propiedade e licenzas dos contidos, así como as limitacións de responsabilidade que constitúen as Condicións de Uso do libro web titulado Poétic@ e aloxado no enderezo web http://www.poetica.me, que o escritor Fran Alonso, nome literario de Francisco Alonso Villaverde, con NIF 36057772M, pon a disposición das persoas usuarias de Internet. A devandita web aloxa un libro dixital de poesía transmedia cuxa natureza pertence ao ámbito da creación literaria e está protexido pola Lei de Propiedade Intelectual. As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do libro web de Poétic@ por parte dos usuarios/as que acceden a el. O acceso e utilización dos contidos deste libro web supón a aceptación destas condicións xerais.

 

  1. INFORMACIÓN XERAL E CONDICIÓNS DE USO

En cumprimento da Lei de Servizos da sociedade da información e comercio electrónico infórmase que a persoa titular do libro web é Francisco Alonso Villaverde, que asina habitualmente co nome literario de Fran Alonso (en adiante, o propietario), con domicilio a efectos de notificación en franalonso@franlonso.eu

A utilización do libro web de Poétic@ non conleva a obrigatoriedade de inscrición do usuario/a. As condicións de acceso e uso do presente libro web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o usuario/a a realizar un bo uso do libro web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: propiedade intelectual, dereito á intimidade, protección de datos, etc. Xa que logo, queda prohibido expresamente realizar accións que poidan producir (no libro web ou a través deste por calquera medio) calquera tipo de danos aos sistemas do propietario ou a terceiros. Tamén queda prohibido expresamente realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de xeito encuberto, o envío de correos masivos (spaming), ou o envío de grandes mensaxes co fin de bloquear os servidores da rede (mail bombing).

O propietario poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu libro web se detecta un uso contrario á legalidade, á boa fe ou ás presentes condicións xerais.

 

 

  1. PROPIEDADE INTELECTUAL E CONTIDOS

O propietario posúe tanto o dereito de uso dos contidos aloxados neste libro web (incluíndo, entre outros, logotipos, gráficos, animacións, imaxes e textos), como a súa propiedade intelectual, agás nos casos en que os contidos aloxados poidan considerase citas (que poden ser de texto, imaxes ou arquivos de audio) dentro do ámbito do que a crítica literaria denomina «intertextualidade» (e que poden ser expresas ou implícitas).

O propietario de Poétic@ remite á licenza Creative Commons (by-nc-nd) para calquera tipo de autorización sobre estes contidos, que se rexerán pola devandita licenza. Esta autorización non inclúe a reprodución, total ou parcial, a utilización ou transformación dos devanditos contidos, cando sexa con finalidade comercial ou lucrativa ou contraria á lei, moral ou orde pública, que puidese lesionar os intereses, prexudicar a imaxe da do propietario ou de terceiros lexítimos, que constitúan competencia desleal ou, en xeral, en contra do disposto nestas Condicións de Uso. Calquera outro uso debe ser previamente consultado co propietario deste libro web.

Os contidos deste libro web foron e son elaborados e incluídos polo propietario, empregando fontes internas e externas, de tal xeito que o propietario só se fai responsable dos contidos elaborados de xeito interno. O propietario tampouco se responsabiliza do correcto funcionamento dos enlaces a sitios web de terceiros que figuren en poetica.me. O usuario/a faise responsable das opinións e contidos introducidos nos foros postos á súa disposición no libro web.

Queda expresamente autorizado o establecemento por parte de terceiros de ligazóns a este libro web, sempre que estas ligazóns non teñan finalidade comercial nin lucrativa. O establecemento de ligazóns por parte de terceiros non implica a existencia de ningún tipo de asociación entre eles e o propietario.

 

  1. PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS

En cumprimento da Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que por medio deste libro web se recollen datos de carácter persoal necesarios para a xestión dalgunha das propostas de interacción. Estes datos serán gardados nun ficheiro pertencente ao propietario, coa finalidade de responder á súa consulta, suxestión, información ou prestación do servizo solicitado, así como para ofrecer información relacionada coa obra literaria do propietario. Fóra dos casos legalmente establecidos, os seus datos non serán comunicados nin cedidos a terceiros sen o seu consentimento expreso. En calquera momento o usuario pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou cancelación en relación cos devanditos datos dirixindo a súa solicitude a través do correo electrónico info@poetica.me

 

  1. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE

Os contidos deste libro web ofrécense cunha finalidade divulgativa. O propietario exímese de calquera responsabilidade, directa ou indirecta, que puidese derivarse do uso ou aplicación da información deste libro web fóra dos seus propósitos.

A través do libro web, o propietario pon a disposición das persoas usuarias servizos gratuítos e de pago ofrecidos por terceiros alleos e que se rexerán polas condicións particulares de cada un deles. O propietario non garante a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e queda expresamente exento de todo tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.

As ligazóns ou contidos de terceiros que aparecen neste libro web facilítanse coa finalidade de ampliar a información e dentro do contexto ficcional dunha obra literaria. A súa inclusión non implica a aceptación destes contidos, nin o vencellamento do propietario cos responsables das devanditas páxinas web, polo que se rexeita toda responsabilidade en relación con estes, así como polos danos que puidesen causarse por calquera motivo no seu sistema informático, documentos ou ficheiros.

Malia tomar todas as precaucións necesarias, o propietario non pode garantir a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso ao libro web ou ao seu contido, nin que este conteña imprecisións ou inexactitudes. Cando existan inexactitudes, erros de funcionamento ou desconexións o propietario levará a cabo todos aqueles labores tendentes a emendar ditos erros e restablecer a comunicación, sempre que non concorran causas que o fagan imposible ou de difícil execución.

 

  1. MODIFICACIÓNS E ACTUALIZACIÓNS

O propietario resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións dos contidos deste libro web, da configuración, dispoñibilidade e presentación deste, así como das presentes Condicións de Uso. Así mesmo, o propietario tamén se reserva o dereito a suspender o acceso temporal, indefinida ou definitivamente a Poétic@, así como a realizar cambios na política de accesos e nas licenzas sobre o uso dos contidos, tal e como se lle recoñece na Lei de Propiedade Intelectual.

 

  1. XURISDICIÓN E LEI

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda a controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Vigo, renunciando expresamente o usuario/a a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O propietario poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará e ningún caso a renuncia a estes agás recoñecemento expreso por parte do propietario.

 

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies