Conversa

 

Os poemas non deben comezar e acabar nun mesmo. O autor é un mediador (…). Debe ser humilde e permeable, deixar que o maremagnum das posibilidades creativas o sobrepase, (…) debe ceder o lugar de poeta ás voces do seu contorno, a polifonía é necesaria á hora de dinamizar a creatividade.
ELIAS KNÖRR

Despois dunha tarde escribindo poemas
métome na ducha
e só sinto
estancarse no embigo a auga morna que vén
da tubería.
LUÍSA CASTRO

Que se precisa para ser poeta?
Por enriba de todo hai que ser moi pouca cousa. Ser tan pouca cousa que sexas capaz de dicir «eu», que non che dea vergoña dicir «eu». Toda a poesía está fundamentada no eu, no sentimento, nas impresións, na sensibilidade individual, e iso é algo que a sociedade tende a limitar, porque é a súa función, e a arte ten que expandir. Un poeta non pode ser poeta se non di «eu».

Entrevista a L. CASTRO, por Belén Fortes en The Barcelona Review: http://www.barcelonareview.com/31/s_lc_ent.htm

77

Post navigation

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies