Eu

Confrontar co poema da páxina 14

Confeso que non me sinto só.
Sei que eu son varios eus,
que me conforman,
compartindo
soidades.
E todos pelexamos por facernos
un lugar.

Un dos meus eus presenta a súa dimisión. Non quere ser poeta.

E volve á casa polo Nadal.

O eu dun poeta (psicoloxía?) é unha secesión: non substitúe, non transporta, non traslada o sentido.
CHUS PATO

78

Post navigation

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies