Hoax

Asunto: Salvemos a poesía

Un virus moi perigoso
está a encher os versos de sentimentos
está a encher os versos de revolución social
pretende equiparar os versos á liberdade
pretende equiparar os versos ao pensamento
está a empregar os versos para fuxir das leis do mercado
está a empregar os versos para escandalizar
está a empregar os versos para obter prevendas e
notoriedade.

Se non o eliminas, o virus procederá á confusión total de conceptos n@s receptor@s

Procede do seguinte xeito:

–Fai clic no verso sospeitoso
–Se non os atopas, emprega a función BUSCAR; AR­QUI­VOS OU CARPETAS.
–Unha vez localizado, envíao á PAPELEIRA DE RECICLAXE. A continuación preme ELIMINAR.

SALVEMOS A POESÍA!!!!

POR FAVOR DIFUNDE ESTA MENSAXE

(Ver o poema da páxina 107)

♦♦
104

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. ACEPTAR

Aviso de cookies