Se escribise un poema
no tempo
en que é capaz de resistir
unha mosca
debaixo da auga,
a miña obra
tería a resistencia do cosmos
pero entraría na categoría
das cousas molestas.
Fran Alonso
Conditio sine qua non
O poeta e último Premio Cervantes, Antonio Gamoneda, defendeu hoxe o carácter minoritario da poesía, xa que, na súa opinión, trátase dunha condición que garante, a diferenza doutros xéneros literarios como a narrativa, que «non teña que obedecer as leis de mercado e poida ser libre».
http://www.elmundo.es/elmundo/2006/12/02/cultura/1165078003.html
Cando liberamos a narrativa?
Mans á obra, narradores do mundo!
A salvo
Non temos lector@s e por iso
estamos a salvo das tentacións do mundo.
Pechade, por favor, as portas
da poesía.
Que non nos vexan os inimigos.
Na liña do horizonte somos
un diminuto punto
invisible
de silencio.
Somos un ourizo
que sabe protexerse.
O cambio climático poderá
destruír o mundo, pero
@s poetas sempre
estamos a salvo.
Sobrevivimos.
Sobrevivimos
Dúbida
A poesía é coñecemento,
digo en público.
E canto máis escribo
menos certezas teño.
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
certezas
Ver Subversións, páxina 177
♦♦ Contradictio
Erótica
A erótica da poesía
sedúceme.
Por iso case sempre
escribo
empalmado.
Pero nunca me corro.
Problemas de virilidade?
Chama ao 601.666.999
Madureza
Verde que te quero verde
FEDERICO GARCÍA LORCA
Noto
que a madureza
enche
os meus poemas
co pouso
resabido,
escéptico
e acedo
da retranca e
con todo
preferiría
a insultante
inconsciencia
do poema
aínda verde.
Subpoética
O que máis me inspira
é o arrecendo concentrado
que desprenden os teus versos.
Úloos, aspíroos, lámboos
suavemente e reléoos,
masturbándome
acompañado dun poema
escrito da túa man.
Nunca vin versos tan tanxibles
e con tanta
Corro
polo teu corpo.
Viaxo
sen sentido.
LUPE GÓMEZGrabo versos de colores fríos en tu piel
ELENA MEDEL
Crítica
O libro non toca
os grandes temas
da poesía
nin pertence
á alta literatura,
escribiron nunha crítica
sobre o seu último poemario
na sección máis sublime
dunha revista ilustrada.
Desde aquel día, cada vez
que elixe o tema
dos poemas,
apálpalles a altura
tenteándoos cos dedos,
pon á súa beira
a cinta métrica
Fracaso
Onde ole a merda, ole a existencia
ANTONIN ARTAUD
Cando non me saen
os poemas
lembro
os momentos
en que estou
estrinxido.
Por máis forza
que faga
só consigo
que asome un delicado
fío de merda.
-:-)
Conto A
Había un poeta moi pequeniño que escribiu un verso
e chegou un poeta pequeniño que o reescribiu
e chegou un poeta pequeno que o reescribiu
e chegou un poeta mediano que o reescribiu
e chegou un poeta grandeiro que o reescribiu
e chegou un poeta grande que o reescribiu
e chegou un poeta moi grande que o reescribiu
e chegou un poeta enorme que o reescribiu
e chegou o Gran Poeta que o reescribiu
e cando o rematou, co esforzo, desintegrouse
porque era unha creación virtual
e en realidade tamén era un poeta
moi pequeniño
e se esta historia che parece curta
volveremos volveremos a empezar.