Ciberpoesía

(citas)

♦♦

 

 

 

Radical or so-called innovative literary writing faces (& that means faces up to) the facts of life in the digital age.
BRUCE ANDREWS

88

Creación [literaria]

Deus é o mellor
e máis perfecto personaxe
de ficción
da historia da humanidade.

4 comments

anonimo said
vaia merda de poema.

medulio said
así está o nivel da poesía galega

unidad said
los nacionalistas sois unos irrespetuosos

lusitania said
é muito estranha, a poesia da Espanha

 

89

Burocracia

Os seus versos
non atoparon destinatario.
O poema con asunto «auxilio»
foi devolto polo servidor.
Revise o seu enderezo electrónico
ou, se cre que pode deberse a un erro
de comunicación,
póñase en contacto co seu
servidor.

 

pegada

 

90

Ironía

http://www.baleiro.com

Páxina non atopada

As nosas perdas: entre dous e oito caídos
por día,
unha decena de feridos,
vinte casas,
cincuenta oliveiras
e mais o defecto estrutural que
viciará o poema, o drama e o cadro.
MAHMUD DARWIX

91

Poética do ciberactivismo?

http://www.poesia.com

Sentímolo,
ao caer a noite algunhas páxinas
abandonan discretamente
este servidor
.

* Ten a certeza de que existe este nome de dominio?
O seu rexistro probablemente estea caducado.

Ollo, zona hacker!

Ligazón poética

Ciberpoética de nós outras

http://www.eutamennavegar.org
Aínda que este navegador ofrece actualizacións, neste momento non se atopa a disposición das usuarias.
♦♦
94

Antónimos 3.0

PRAGMATISMO FEMINISTA

:–)–8

—Gústanme as túas tetas –díxolle el.
A muller prendeu o bluetooth,
guindoullas sobre o peito
e marchou sen elas.

(Sobre Ángel González)

ECUMENISMO DO MACHO IBÉRICO

@tetero97

Difunde isto a través de RT:
( o ) ( o )
Son dúas grandiosas tetas!

95

Exclusión social

Sorry, your account has been disabled. [?]

Desactivada.
Desactivada.
Desactivada.

Google Accounts: I’m getting a message that says ‘Sorry, your account has been disabled.’

In most cases, accounts are disabled because of a perceived violation of either the Google Terms of Service or product-specific Terms of Service.

Desactivada.

♦♦ Ligazón poética
96

Traslado web

Esta tristeza que trago
Foi de vós que a recebi.
AMÁLIA RODRIGUES

A páxina Solitari@s non existe
ou mudou o seu enderezo :–(
Se ignora a nova ubicación
e o seu corazón é permeable
e depresivo prema nesta

Desexa un avatar distinto ao solicitado?

97

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies