Ciberpoesía

Desconcerto virtual

55678,mnbvcxz´çkjhgfdsaazxcvbnm,.-+`poiuytrewq        12345678904556<z9042ñ xcvbnm
55678,mnbvcxz´çkjhgfdsaazxcvbnm,.-+`poiuytrewq        12345678904556<z9042ñ Unha para o estómago
xxcvbnm1223+-*/=7896+335588424

Gym-sberg
Eu mirei os mellores
cerebros da miña xeración
estrompados contra o plinton
O LEO

 

101

Tentativa de acoso

Cada vez
que tento
achegarme a ti,
o teu firewall
impídeme o paso.
Se queres seguir
navegando
pola miña poética
debes cambiar
a túa configuración
e facerte
accesible
para min.

Ligazón poética

 

102

Poema 3.0

ruído

ruptura    intertextualidade

desafío  conectividade/connotación   incerteza

transfronteirizo  nov@s lector@s  palabrasglobo

incrustación  ex-presión     multimedia hiperignoto

pantallazo globalizacion  tuiteo

WhatsApp

paradigmatic

iNversos

repolo de betanzos

♦♦

Cóbreme unha espesa nube,
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada
ROSALÍA DE CASTRO

103

Hoax

Asunto: Salvemos a poesía

Un virus moi perigoso
está a encher os versos de sentimentos
está a encher os versos de revolución social
pretende equiparar os versos á liberdade
pretende equiparar os versos ao pensamento
está a empregar os versos para fuxir das leis do mercado
está a empregar os versos para escandalizar
está a empregar os versos para obter prevendas e
notoriedade.

Se non o eliminas, o virus procederá á confusión total de conceptos n@s receptor@s

Procede do seguinte xeito:

–Fai clic no verso sospeitoso
–Se non os atopas, emprega a función BUSCAR; AR­QUI­VOS OU CARPETAS.
–Unha vez localizado, envíao á PAPELEIRA DE RECICLAXE. A continuación preme ELIMINAR.

SALVEMOS A POESÍA!!!!

POR FAVOR DIFUNDE ESTA MENSAXE


♦♦
104

Petitiononline

Vin as mellores mentes da miña xeración abducidas, vencidas, entregadas, embebidas de cocacola, arrastrándose coma tolos tras as proclamas de paulo coelho na procura da felicidade, culturetas de suplemento literario extasiados no ce­lestial deslumbramento do mercado, na fascinación das pan­tallas, dos monitores, renegando do verso dos poetas, da destreza intelectual, renunciando a si mesmos, descridos hipócritas, conformistas, merda disposta en estiba, merda por baixo e por riba, merda a dereita e á esquerda. Todo acugulado de merda.

Asina contra eles:

http://www.petitioonline.com/contraamerda

Vimos as mellores mentes da nosa xeración
destruídas polo aburrimento nos recitais de poesía.
LAWRENCE FERLINGHETTI

Poética*

Camuflouse discretamente
entre os millóns de resultados

dunha busca rápida.
Quixo confundirse entre eles…
…e mudou.

Gústame. A Cibrán Silleiro e a outros tres gústalles isto.

*7.010.000 resultados (0,20 segundos)

Suxestións
Poétic@ habilitou o seu historial de lecturas neste libro.
Por favor, anote os poemas logo do índice.

 

106

.exe

Se atopa un poema
titulado .exe non o lea;
fai desaparecer todos
os «es» dalgúns poemas.

tongue

107

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies