Poética

Declive con evidencias

A poesía é unha arma
cagada de futuro.
Fuches tu, fuches tu, 
o que a fuches cagar ao palleiro;
fuches tu, fuches tu,
que aínda levas os versos no cu.

 

[su_rotacion grados=”-45″ margeninferior=”95″ audio=”1″]o ruído elástico das pombas ao voaren  [/su_rotacion]  emoticono bomba

 

Banda sonora ♦♦

A Poesía morreu, longa vida á Poesía.
LAWRENCE FERLINGHETTI

 

Excelencia

A poesía é un xénero
tan sublime
que non atopa lectores
para tanta grandeza.

[su_rotacion grados=”25″]que atopa lectores[/su_rotacion]
[su_rotacion grados=”45″]non tanta para grandeza[/su_rotacion]

♦♦

[su_rotacion audio=”1″]Dous versos resultaron danados
en ciberatentado con poebomba.  [/su_rotacion]

bomba

 

evil

A ironia ensina a sabotar uma frase
GONÇALO M. TAVARES

Incógnita

Era poeta pero non sabía explicar
os seus libros.
Ninguén soubo se carecía
de discurso ou consideraba que a especie
non debe recrearse
nas miudezas do mundano.

:-#

[su_rotacion audio=”1″ grados=”-45″]o ruído elástico das pombas ao voaren [/su_rotacion]

 

13

Motivos

Escribo poemas por pracer.
Escribo poemas con pracer.
Escribo poemas por compracer
a un dos que tamén
son
eu.

[su_relacion pagina=”78″ ]Complementar co poema da páxina 78[/su_relacion] [su_rotacion grados=”25″ margen=”64″ margeninferior=”0″]¡A que no puedes leer solo uno![/su_rotacion] [su_rotacion audio=”1″ grados=”25″ margen=”0″]sugarfree poetrygum! [/su_rotacion]

Soy un escritor deleznable
pienso en la literatura
soy un pequeño burgués
las directivas
no puedo obedecer

SAÚL YURKIEVICH

[su_relacion pagina=”48″]Complementar cita co poema da páxina 48 [/su_relacion]

[su_relacion pagina=”73″]Complementar cita co poema da páxina 73 [/su_relacion]

14

Cometidos

Para que serve a poesía,
pregúntame erguendo a man
no aire con decisión
entre os demais adolescentes.
Calo durante uns instantes,
contrariado e dubitativo.
É a pregunta máis estúpida
de todas cantas me fixeron.
–Para que ti poidas preguntarmo
e eu teña
que pensalo–,
respóndolle sentindo
ese alivio
que produce
unha mexada urxente.

[su_rotacion grados=”-45″ margeninferior=”95″]Non imaxinas o que a poesía pode facer por ti![/su_rotacion]

A poesía…

Poeta: problemas de
eneurese cos versos?
Chama ao 601.666.999

15

Poeta baleiro

A verdadeira poesía é
aquela que fala dos sentimentos,
dixo sentíndose auténtico.
E, coas súas palabras,
baleiroume
de contidos.

(Diagnóstico: incapacidade sensitiva permanente)

Sentimentos

 

[su_rotacion audio=”2″ grados=”15″]sugarfree poetrygum [/su_rotacion]

[su_rotacion audio=”1″ grados=”-25″]o ruído elástico das pombas ao voaren [/su_rotacion]

 

16

Identidade

[su_rotacion grados=”25″]QUIXERA ALZAR O MEU POEMA COMA UN PUÑO…[/su_rotacion]

A poesía,
pero que é a poesía.
Máis dunha insegura resposta
deuse a esa pregunta.
E eu non sei, e sigo sen saber, e a isto me agarro
coma a un oportuno pasamáns.
W. SZYMBORSKA

?

♦♦

Poeta en paro ofrécese para escribir versos.

17

Apetencia

Non me apetece escribir
os versos máis serios esta noite;
escribir, por exemplo,
a poesía anda perplexa e
cabalga o desconcerto
no trazo da túa/miña man.
Só quero escribir
de nada.
Iso é todo.
Non me apetece, é certo,
pero talvez os escriba.
Aínda que se poña tan rimbombante
a poesía e tan enorme o baleiro
que a miña alma se contente
con saber que escribo.

A P. N., claro

[su_rotacion grados=”15″]COMO HEI VIVIR MAÑÁ SEN A LUZ TÚA? *[/su_rotacion]

[su_relacion pagina=”53″]* [Cita da páxina 53 desprazada en ciberatentado con poebomba][/su_relacion]

Perdurabilidade

Se escribise un poema
no tempo
en que é capaz de resistir
unha mosca
debaixo da auga,
a miña obra
tería a resistencia do cosmos
pero entraría na categoría
das cousas molestas.

[su_rotacion audio=”1″ grados=”-45″]p o e m o s c a[/su_rotacion]

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies