Poética

Conxugación

O eu
e o un
son dúas
manifestacións dun
mesmo poeta.
O ti e o el
son dous disfraces
dun mesmo poeta.
O nós son varias pendanterías
dun mesmo Poeta.

Cal é a máis arrepiante das cousas arrepiantes?
Un pedante que quere mostrarse relaxado

GOETHE

Ligazón poética

30

Escala de valores para poetas (malditismo)

_________
Entre 35 e 55,5 puntos: es un verdadeiro poeta (poeta maldito)
Entre 10 e 35 puntos: es un poeta
Entre 0,5 e 10 puntos: escribes poesía

 

Ver Transición, páxina 74

31

Do you think?

Do you think I’m sexy?
Do you think I’m poetic?

-:-)

Mi madre dice: escribes y no ganas ningún premio.
No puedo prostituir el valor de lo poético,
la relación atroz que tiene con el dolor,
con lo mágico, lo terrible.

MARCELO MORALES

Hai algún rebelde con causa?

—Gústame moito ese poema teu que non di nada.
—Cal?

32

Poética Feng Shui

Poesía do Acougo
O pozo dos soños

Silencio

Enerxía

Equilibrio

Orientación

Espazo

Harmonía

Poética Feng Shui

A dimensión máis pura da poesía

Evitar o poema da páxina 89 de Tortillas para os obreiros

35

A flor da poesía

a flor da poesía renace da crise bancaria

36

A flor da ironía

a flor da ironía renace da crise poética

37

Ao caduco xeito petrarquesco

Xentil lírica miña, vexo no movemento
dos vosos versos a dozura do lume
que me ensina o camiño que ao ceo conduce;
e quero, como eterno costume,
onde unicamente Poesía é a miña compañía,
que o meu corazón sobre vós se debruce.

Rebelde con causa

«Cando se pertence á poesía, a ese escándalo case amoral da poesía, todo o mundo admira aos malditos»

http://www.xornal.com/artigo/2010/01/17/suplementos/contexto/carlos-oroza-poesia-no-vocacion-fatalidad-escoge-victimas/2010011700461400203.html
38

Investigación

—Isabel –pregunteille–,
sabes se os polifenois das uvas
producen efectos retardantes
sobre a oxidación
da poesía?
—Estamos a estudar
–respondeume contundente–
se a inhibición puidese proceder
dos compostos fenólicos
dos propios
poetas.

http://museodomar.xunta.es/gl/explora/290/neuston-experimento-1-explorando-a-interface?pg=2

http://www.xerais.es/libro.php?id=2798003

39

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies