Teoría do banal
Nadasilencioninguén
Ligazón poética
Persecución
Con indiferenza,
recoñezo
a miña sombra
no pracer
da banalidade.
Gústache a poesía?
A boca seca
boca boca
cabo cabo cabo cabo cabo cabo cabo cabo cabo cabo
bocaboca
boca a boca
aboca a boca
abocaboca
abocaaboca
abocaseca
a boca seca
poeta
con las palabras vaciadas ¿que hacemos?
¿las damos que nos las llenen
o las rellenamos?
SAÚL YURKIEVICH
Ver Transición, páxina 49.
Razóns
Sinónimos
El sempre foi un poeta
maldito.
Perdón, está
mal dito:
El sempre foi
un poeta.
Negación da banalidade
—Que libro che gustaría escribir que aínda non escribiches?
—Gustaríame abordar, nun ensaio, cousas intrascendentes, esas ás que a historia da cultura ou do pensamento non lle prestan atención, pero que están na cotianidade da nosa vida diaria e que, en definitiva, nos condicionan moito máis do que parece.
Atlántico Diario, 19/10/08, Entrevista a F. Alonso, por Manuel Vidal Villaverde
http://noticiasdefranalonso.blogspot.com.es/2008/10/fran-alonso-gustariame-abordar-nun.html
Calquera tentación pode afastarme deste oficio do verso
W.B. YEATS
Eu son poeta
Esquirol
Son un puto poeta
corrompido
polo mercado.
Son un puto poeta
corrompido
polo tempo.
Outros deciden por min.
Escribo ás ordes
millonarias da industria salvaxe
nunha potentísima
lingua minorizada.
Non teño dignidade.
Por iso,
presento a miña dimisión.
A miña dimisión,
poetas.
Véndese libro de poemas, case rematado, pulido,
con citas, 73 páxinas, 3.600 euros.
♦♦