Teoría do banal

Tradición literaria

Nin se move, nin se nota, nin traspasa

Co frío pónseme
pequena
e engrullada,
encollidiña, moldeable e amorosa
coma unha miñoca ante a morte.
Nesa posición, indefensa,
gústame acariciala,
sentir o seu tacto,
as súas cartilaxes xelatinosas
abeiradas entre as mans
até que, pouco a pouco,
coa calor do sangue,
recobra a forza indomesticable
e aburrida
que a predispón
para o sexo.
Para o verso.

Louvre_Paris

Móvese, nótase e traspasa

Insolvencia

(pobreza léxica)

A miña poesía
ten menos palabras

por impago.

♦♦ 1.000 mg (Iolanda Zúñiga)

♦♦

  altavoz Ligazón poética

Véndese libro de poemas, case rematado, pulido,
con citas, 76 páxinas, 4.000 euros.

76

Conversa

 

Os poemas non deben comezar e acabar nun mesmo. O autor é un mediador (…). Debe ser humilde e permeable, deixar que o maremagnum das posibilidades creativas o sobrepase, (…) debe ceder o lugar de poeta ás voces do seu contorno, a polifonía é necesaria á hora de dinamizar a creatividade.
ELIAS KNÖRR

Despois dunha tarde escribindo poemas
métome na ducha
e só sinto
estancarse no embigo a auga morna que vén
da tubería.
LUÍSA CASTRO

Que se precisa para ser poeta?
Por enriba de todo hai que ser moi pouca cousa. Ser tan pouca cousa que sexas capaz de dicir «eu», que non che dea vergoña dicir «eu». Toda a poesía está fundamentada no eu, no sentimento, nas impresións, na sensibilidade individual, e iso é algo que a sociedade tende a limitar, porque é a súa función, e a arte ten que expandir. Un poeta non pode ser poeta se non di «eu».

Entrevista a L. CASTRO, por Belén Fortes en The Barcelona Review: http://www.barcelonareview.com/31/s_lc_ent.htm

77

Eu

Confrontar co poema da páxina 14

Confeso que non me sinto só.
Sei que eu son varios eus,
que me conforman,
compartindo
soidades.
E todos pelexamos por facernos
un lugar.

Un dos meus eus presenta a súa dimisión. Non quere ser poeta.

E volve á casa polo Nadal.

O eu dun poeta (psicoloxía?) é unha secesión: non substitúe, non transporta, non traslada o sentido.
CHUS PATO

78

Crise

O eu
morr eu?
a poesía
ía ía ía ía ía ía ía ía ía ía
e regresou
agora que ecoa a a a a a aa a a aa aa aaa aaaaaaaaaaa
e (non) revive ive ive ive ive ive ive ive ive ive ive ive ive IVE,
que aumenta en tempos de crise

(It’s a revival)

I’m death?

Confrontar poemas das páxinas 36 e 37

79

Dilema

E se son poeta,
cando frego os pratos?

I’m a full-time poet

Ser poeta
limita o potencial pleno de un.

GREGORY CORSO

80

Sexismo

Isa é poeta
e por iso é poetisa.
Iso é poeta
e por iso non é poetiso.
A poesía
tamén
é
iso.

 

 

 

♦♦

♦♦

♦♦

Política da poética*

«Hai unha poesía que actúa como fundamento das patrias e sen a cal non poderiamos entender o odio», apunta o pensador esloveno Slavoj Zizek (Liubliana, 1949). Por iso, propón: «Necesitamos controlar a poesía, tras cada limpeza étnica hai un poeta».

El PAÍS: «Detrás de cada limpieza étnica hay un poeta»

* Política da Opinión

o ruído elástico das pombas ao voaren   o ruído elástico das pombas ao voaren   o ruído elástico das pombas ao voaren   o ruído elástico das pombas ao voaren  

Complementar coa instalación poética da páxina 54
Complementar co poema da páxina 60
83

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies