Había un poeta moi pequeniño que escribiu un verso
e chegou un poeta pequeniño que o reescribiu
e chegou un poeta pequeno que o reescribiu
e chegou un poeta mediano que o reescribiu
e chegou un poeta grandeiro que o reescribiu
e chegou un poeta grande que o reescribiu
e chegou un poeta moi grande que o reescribiu
e chegou un poeta enorme que o reescribiu
e chegou o Gran Poeta que o reescribiu
e cando esta historia estaba a piques
de volver de volver a comezar
chegou unha poeta
que escribiu
un poema novo.