no me ensucie las palabras
no les quite su sabor
y límpiese bien la boca
si dice revolución.
MARIO BENEDETTI
Escríbase o boceto do poema.
Adóbese con recursos.
Bátase contra o corazón.
Déixese levedar o tempo dun salaio.
Salfírase con dúas pingas poecrème.
Déixese repousar.
Déitese sobre un leito de versos brancos.
Sírvase morno e cremoso,
con retrogusto brûlé.
Saboréese.
Esencia poética
en estado puro.
Poesía Crème Express!
♦♦