Poética do (meu) silencio

Non falo para os ruís e poderosos
C. E. FERREIRO

Nin pronuncio nin me pronuncio.
Para quen escribimos @s poetas galeg@s de agora?
Silencio silente silandeiro amor
dazado.
Para quen recitamos @s poetas galeg@s de agora?
O ruído do meu tempo enmudeceu_me
n/a miña lingua.
Escribimos e cando escribimos parece que estamos S.O.S.
Recitamos e cando recitamos parece que estamos S.O.S.
Silencio silente silandeiro amor
dazado.
Menos mal que tivemos a Pondal!
Menos mal que tivemos a Pondal!
Escribimos e só quedan poetas.
Recitamos e só quedan poetas.

poetas*

*Nota: Detéctanse versos perdidos

Os meus versos de mocidade e de morte
–os meus versos, que ninguén le!–,
no po dos andeis dispersos
–que ningunha man toca!–
MARINA TSVIETÁIEVA

♦♦ Escoitar «Galegonía»
54

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies