Asunto: Salvemos a poesía
Un virus moi perigoso
está a encher os versos de sentimentos
está a encher os versos de revolución social
pretende equiparar os versos á liberdade
pretende equiparar os versos ao pensamento
está a empregar os versos para fuxir das leis do mercado
está a empregar os versos para escandalizar
está a empregar os versos para obter prevendas e
notoriedade.
Se non o eliminas, o virus procederá á confusión total de conceptos n@s receptor@s
Procede do seguinte xeito:
–Fai clic no verso sospeitoso
–Se non os atopas, emprega a función BUSCAR; ARQUIVOS OU CARPETAS.
–Unha vez localizado, envíao á PAPELEIRA DE RECICLAXE. A continuación preme ELIMINAR.
POR FAVOR DIFUNDE ESTA MENSAXE