Vin as mellores mentes da miña xeración abducidas, vencidas, entregadas, embebidas de cocacola, arrastrándose coma tolos tras as proclamas de paulo coelho na procura da felicidade, culturetas de suplemento literario extasiados no celestial deslumbramento do mercado, na fascinación das pantallas, dos monitores, renegando do verso dos poetas, da destreza intelectual, renunciando a si mesmos, descridos hipócritas, conformistas, merda disposta en estiba, merda por baixo e por riba, merda a dereita e á esquerda. Todo acugulado de merda.
Asina contra eles:
http://www.petitioonline.com/contraamerda
Vimos as mellores mentes da nosa xeración
destruídas polo aburrimento nos recitais de poesía.
LAWRENCE FERLINGHETTI