Blog Archives

Cantiga

atento contento con tanto poeta
atento con tanto poeta contento
atento poeta con tanto contento
poeta contento con tanto atento
poeta contento con tanto atento
poeta contento con tanto atento
Ai Deus, e se contentará?

 

 

question

Poeta nacional

Dispuxo os poetas
no escenario,
contounos
sinalando co dedo, e
dixo:
—Un poeta nacional,
cantos versos tira mal?

E o elixido contestou:
—Dez.
—1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10.
Expulsado.

 

Autopoética

eu es
eu es tou
eu es tou na
eu es tou na ra
eu es tou na ra zón
au to a fir ma ción
au

♦♦ ♦♦

 

A poesía é algo así nalgunhas persoas durante un
certo tempo algo no interior
Non ten nada que ver con nada

RYSZARD KAPUSCINSKI

Esquirol

Son un puto poeta
corrompido
polo mercado.
Son un puto poeta
corrompido
polo tempo.
Outros deciden por min.
Escribo ás ordes
millonarias da industria salvaxe
nunha potentísima
lingua minorizada.
Non teño dignidade.
Por iso,
presento a miña dimisión.
A miña dimisión,
poetas.

Véndese libro de poemas, case rematado, pulido,
con citas, 73 páxinas, 3.600 euros.


♦♦

Sexismo

Isa é poeta
e por iso é poetisa.
Iso é poeta
e por iso non é poetiso.
A poesía
tamén
é
iso.

 

 

 

♦♦

♦♦

♦♦

Aclaración

Crítico/a,
os meus versos
foron devastados
por unha cicloxénese explosiva.
Non puiden facer máis
na reconstrución
tediosa do poemario.

nota-musical

Esta casa estuvo dedicada a la labranza y a la muerte.
En su interior cunden las ortigas, pesan las flores sobre las maderas atormentadas por la lluvia.
ANTONIO GAMONEDA

Petitiononline

Vin as mellores mentes da miña xeración abducidas, vencidas, entregadas, embebidas de cocacola, arrastrándose coma tolos tras as proclamas de paulo coelho na procura da felicidade, culturetas de suplemento literario extasiados no ce­lestial deslumbramento do mercado, na fascinación das pan­tallas, dos monitores, renegando do verso dos poetas, da destreza intelectual, renunciando a si mesmos, descridos hipócritas, conformistas, merda disposta en estiba, merda por baixo e por riba, merda a dereita e á esquerda. Todo acugulado de merda.

Asina contra eles:

http://www.petitioonline.com/contraamerda

Vimos as mellores mentes da nosa xeración
destruídas polo aburrimento nos recitais de poesía.
LAWRENCE FERLINGHETTI

Este sitio web emprega cookies para teres unha mellor experiencia de usuario. De continuares navegando dás o teu consentimento para aceptación das devanditas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies